O luns 11 de marzo comeza o prazo para inscribirse nas oposicións da Consellería de Educación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria, con 2.064 prazas en 36 especialidades

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de abril de 2019

Ven, 08/03/2019 - 10:39

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o vindeiro luns, 11 de marzo, o prazo para inscribirse nas oposicións deste ano, tras a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da Orde pola que se convocan os procedementos selectivos de ingreso e acceso aos distintos corpos docentes. Trátase, en total, de 2.064 prazas en 36 especialidades. Do total das prazas desta oferta de emprego público, 1.122 son relativas á taxas de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.

O 1 de abril rematará o prazo de presentación das solicitudes, que deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán cubrirse tamén na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, aínda que a presentación deberá ser sempre a través da devandita sede electrónica. No portal educativo da Xunta de Galicia publicarase a lista provisoria de persoal admitido e excluído, contra a que se poderán formular reclamacións por medios electrónicos no prazo de cinco días hábiles.

O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019. Para aquelas persoas que teñan que realizala, a proba de acreditación de coñecemento do galego terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18 horas, no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela); mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán a proba será tamén o 7 de xuño, ás 17 horas, no mesmo centro educativo.

O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019. O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes celebrarase ese mesmo día ás 9 horas.

A distribución de prazas por especialidades é a seguinte:

Corpo de profesores de ensino secundario

Especialidade

Prazas

Filosofía

25

Lingua Castelá e Literatura

55

Xeografía e Historia

55

Matemáticas

120

Física e Química

30

Bioloxía e Xeoloxía

35

Francés

55

Inglés

40

Portugués

4

Educación Física

40

Tecnoloxía

45

Lingua Galega e Literatura

60

Economía

65

Administración de Empresas

50

Formación e Orientación Laboral

60

Informática

30

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

20

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

15

Procesos na Industria Alimentaria

15

Sistemas Electrónicos

15

Total

834

 

Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario (A2-A1)

Especialidade

Prazas

Filosofía

8

Lingua Castelá e Literatura

18

Xeografía e Historia

18

Matemáticas

40

Física e Química

10

Bioloxía e Xeoloxía

12

Francés

18

Inglés

13

Educación Física

13

Tecnoloxía

15

Lingua Galega e Literatura

20

Economía

22

Administración de Empresas

17

Formación e Orientación Laboral

20

Informática

10

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

7

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

5

Procesos na Industria Alimentaria

5

Sistemas Electrónicos

5

Total

276

 

Corpo de profesores técnicos de Formación Profesional

Especialidade

Prazas

Instalacións Electrotécnicas

30

Mantemento de Vehículos

30

Mecanizado e mantemento de Máquinas

18

Peiteado

15

Procesos de Xestión Administrativa

45

Total

138

 

 

Corpo de profesores de Escolas Oficiais de Idiomas

Especialidade

Prazas

Inglés

30

Total

30

 

Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas

Especialidade

Prazas

Piano

8

Linguaxe Musical

8

Total

16

 

Corpo de mestres

Especialidade

Prazas

Educación Infantil

135

Lingua Estranxeira: Inglés

65

Lingua Estranxeira: Francés

70

Educación Física

40

Música

55

Pedagoxía Terapéutica

125

Audición e Linguaxe

100

Primaria

180

Total

770