O luns 11 de marzo comeza o prazo para inscribirse nas oposicións da Consellería de Educación [1]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria, con 2.064 prazas en 36 especialidades
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de abril de 2019
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o vindeiro luns, 11 de marzo, o prazo para inscribirse nas oposicións deste ano, tras a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia [2] da Orde pola que se convocan os procedementos selectivos de ingreso e acceso aos distintos corpos docentes. Trátase, en total, de 2.064 prazas en 36 especialidades. Do total das prazas desta oferta de emprego público, 1.122 son relativas á taxas de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.
O 1 de abril rematará o prazo de presentación das solicitudes, que deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia [3]. Poderán cubrirse tamén na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [4], aínda que a presentación deberá ser sempre a través da devandita sede electrónica. No portal educativo da Xunta de Galicia publicarase a lista provisoria de persoal admitido e excluído, contra a que se poderán formular reclamacións por medios electrónicos no prazo de cinco días hábiles.
O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019. Para aquelas persoas que teñan que realizala, a proba de acreditación de coñecemento do galego terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18 horas, no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela); mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán a proba será tamén o 7 de xuño, ás 17 horas, no mesmo centro educativo.
O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019. O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes celebrarase ese mesmo día ás 9 horas.
A distribución de prazas por especialidades é a seguinte:
Corpo de profesores de ensino secundario
Especialidade |
Prazas |
Filosofía |
25 |
Lingua Castelá e Literatura |
55 |
Xeografía e Historia |
55 |
Matemáticas |
120 |
Física e Química |
30 |
Bioloxía e Xeoloxía |
35 |
Francés |
55 |
Inglés |
40 |
Portugués |
4 |
Educación Física |
40 |
Tecnoloxía |
45 |
Lingua Galega e Literatura |
60 |
Economía |
65 |
Administración de Empresas |
50 |
Formación e Orientación Laboral |
60 |
Informática |
30 |
Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos |
20 |
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica |
15 |
Procesos na Industria Alimentaria |
15 |
Sistemas Electrónicos |
15 |
Total |
834 |
Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario (A2-A1)
Especialidade |
Prazas |
Filosofía |
8 |
Lingua Castelá e Literatura |
18 |
Xeografía e Historia |
18 |
Matemáticas |
40 |
Física e Química |
10 |
Bioloxía e Xeoloxía |
12 |
Francés |
18 |
Inglés |
13 |
Educación Física |
13 |
Tecnoloxía |
15 |
Lingua Galega e Literatura |
20 |
Economía |
22 |
Administración de Empresas |
17 |
Formación e Orientación Laboral |
20 |
Informática |
10 |
Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos |
7 |
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica |
5 |
Procesos na Industria Alimentaria |
5 |
Sistemas Electrónicos |
5 |
Total |
276 |
Corpo de profesores técnicos de Formación Profesional
Especialidade |
Prazas |
Instalacións Electrotécnicas |
30 |
Mantemento de Vehículos |
30 |
Mecanizado e mantemento de Máquinas |
18 |
Peiteado |
15 |
Procesos de Xestión Administrativa |
45 |
Total |
138 |
Corpo de profesores de Escolas Oficiais de Idiomas
Especialidade |
Prazas |
Inglés |
30 |
Total |
30 |
Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas
Especialidade |
Prazas |
Piano |
8 |
Linguaxe Musical |
8 |
Total |
16 |
Corpo de mestres
Especialidade |
Prazas |
Educación Infantil |
135 |
Lingua Estranxeira: Inglés |
65 |
Lingua Estranxeira: Francés |
70 |
Educación Física |
40 |
Música |
55 |
Pedagoxía Terapéutica |
125 |
Audición e Linguaxe |
100 |
Primaria |
180 |
Total |
770 |