Título node Learning object

Charla sobre Implante Coclear
Mér, 20/02/2019 - 11:17
Charla sobre Implante Coclear

A Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia, organiza unha charla en colaboración co Concello de Redondela sobre o Implante Coclear. 

O obxectivo da charla é amosar a realidade deste dispositivo que permite a audición a persoas xordas a través dun debate no que participarán unha usuaria de implante, unha logopeda e un otorrino e que está aberto á participación do público asistente.

A charla terá lugar o vindeiro venres, 22 de febreiro de 2019 ás 19:00 horas no multiusos desta localidade co gallo da celebración do Día Internacional do Implante Coclear.