Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Apertura de listas de interinidades de francés, música, análise e química industrial, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos , sistemas e aplicacións informáticas e soldadura

Xov, 14/02/2019 - 10:17

Resolución do 13 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades de francés (590010), música (590016), análise e química industrial (590102), informática (590107), organización e proxectos de fabricación mecánica (590112); e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos (591205), sistemas e aplicacións informáticas (591227), soldadura (591228).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.
  • A corrección da Resolución, implica a ampliación do prazo para formular solicitudes indicado na base terceira da resolución de convocatoria, abarcando ata o día 22 de febreiro (incluído).