Título node Learning object

Fundación Eugenio Granell
Ven, 23/11/2018 - 14:22
Fundación Eugenio Granell

Fundación Eugenio Granell, como vén sendo habitual desde hai uns anos, organiza na última semana do mes de novembro, diferentes actos e actividades para conmemorar o Aniversario de Eugenio Granell, nado o 28 de novembro de 1912.

Os días 28 e 29 de novembro organízase unha xornada de portas abertas para que todas aquelas persoas que visiten o Museo o fagan de balde.

 O martes 27 de novembro, ás 19:00 h,  como complemento da mostra Eugenio Granell e Esteban Vicente. Construcións e Toys, terá lugar a conferencia Xoguetes: Os talismáns da arte moderna, a cargo do doutor en Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid, Javier Arnaldo.

Esta actividade realízase grazas á colaboración da Consellería de Cultura  a través da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

mércores 28 ás 19.00 h. realizarase unha nova entrega da actividade  A Miña Peza Favorita. Neste caso a cargo do investigador Leonel García Laborde, que se centrará nos recursos e trazos das Artes Escénicas que están presentes na obra de Granell.

Máis información na seguinte ligazón: 

http://www.fundacion-granell.org/actualidad/index.php