Título node Learning object

X Olimpíada de Xeoloxía
Xov, 08/11/2018 - 09:50
X Olimpíada de Xeoloxía

Convócase a fase galega da X Olimpíada de Xeoloxía. Trátase dunha actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. Nesta edición da fase galega contamos coa colaboración da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ademais da Facultade de Bioloxía da USC, E.T.S.E de Minas de Vigo, a Facultade de Ciencias de Ourense e o Concello de Viveiro. As probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes. Esta actividade está dirixida ao alumnado de  4º de ESO e Bacharelato.

Os centros interesados en participar solicitarano, enviando a ficha de inscripción a: aepectgalicia@gmail.com entre o 1 de novembro e o 15 de decembro de 2018.

Non se establece un número máximo de participantes por centro, pero recoméndase que non sexa máis de 12 alumnos (3 grupos).

As probas terán lugar o mércores 13 de febreiro de 2019, entre as 11,30 e as 18,30 h.

As bases e o formulario de inscrición atópanse na seguinte ligazón X Olimpíada de Xeoloxía: fase galega en marcha                                                       

Menús Learning object node R

Tema

Sección