Título node Learning object

Programa de sensibilización educativa "A Misión. Pola saúde, pasa á acción!" de Fundación CASER
Ven, 02/11/2018 - 10:28
Programa de sensibilización educativa "A Misión. Pola saúde, pasa á acción!" de Fundación CASER

O programa de sensibilización educativa "A Misión. Pola saúde, pasa á acción!" de Fundación CASER,  facilita aos profesores ferramentas que lles permitirán traballar en iniciativas de vida activa e saudable. Este programa educativo, dirixido ás áreas de Ciencias da Natureza, Educación Física e Titorías e que traballa desde a gamificación e a aprendizaxe baseada en problemas, permite que os alumnos sexan protagonistas da súa aprendizaxe adquirindo unha actitude preventiva e crítica fronte ás consecuencias que derivan do sedentarismo e a mala alimentación.

 

Aprender divertíndose é o mellor método para adquirir coñecementos e asumir as competencias e actitudes necesarias, polo que traballar temas de actividade física de maneira innovadora permitirá que aos alumnos lles resulte máis atractivo coidarse.

 

O Programa Educativo "A Misión. Pola saúde, pasa á acción!" axuda a reforzar a relación dos máis pequenos coa súa saúde, permite reflexionar sobre como coidala e converte as clases nunha oportunidade educativa que fomente os hábitos saudables.

 

Para poder participar e máis información:

www.fundacioncaserprogramaescolarsalud.org