Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución da convocatoria do programa "Biblioteca Creativa" para o curso 2018/2019

Xov, 04/10/2018 - 13:08

Xúntase arquivo coa Resolución de 3 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se da a coñecer a relación de centros que se incorporan ao programa "Biblioteca Creativa" para o curso 2018/2019. Así mesmo, a resolución inclúe a relación de centros integrados en convocatorias do anteriormente denominado "Escornabots na biblioteca escolar", que continúan formando parte desta iniciativa, con detalle das asignacións orzamentarias correspondentes.

Un representante de cada un dos 55 centros integrados neste programa participará na actividade formativa de carácter presencial que terá lugar o vindeiro 19 de outubro en Santiago de Compostela (EGAP).