Convocatoria do proxecto Biblioteca Creativa (anteriormente, Escornabots na biblioteca escolar) para o curso 2018/2019

Lun, 03/09/2018 - 15:20

Achégase arquivo coa convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 3 de setembro de 2018, do Proxecto Biblioteca Creativa, para apoiar a cultura da experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros públicos que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2018/2019. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 18 de setembro de 2018.