Título node Learning object

Programación educativa para o curso 2018/2019 na Fundación Pública Galega Camilo José Cela
Ven, 21/09/2018 - 11:01
Programación educativa para o curso 2018/2019 na Fundación Pública Galega Camilo José Cela

 

No ano 2018 o Museo Camilo José Cela inaugurou un novo percorrido museográfico, cronolóxico e moito máis visual, que permite coñecer desde múltiples perspectivas a vida e a obra do premio Nobel galego: desde as súas orixes nunha familia de ferroviarios –coa inclusión do Museo ferrocarrileiro na honra do seu avó John Trulock no propio percorrido do Museo- ata o seu falecemento no ano 2002.

Acompañando a vista ao Museo, a Fundación mantén a súa programación educativa habitual: valixas didácticas, talleres para escolares e docentes, visitas dinamizadas, múltiples recursos a través da rede e un longo etc.; actuacións todas elas co obxectivo de dar a coñecer dunha maneira lúdica a Camilo José Cela e o legado que nos deixou na súa aldea natal de Iria Flavia.

Dende Infantil a Bacharelato, e tendo sempre como punto de partida a figura do escritor, quérese prestar tamén especial atención a todo o relacionado coa linguaxe e a creación literaria, sen obviar as súas relacións con outras áreas específicas do currículo escolar.

Como fin de curso, haberá unha semana de festa no Museo Camilo José Cela no mes de maio coa celebración do “Letreseo, a Semana das Letras no Museo”, unha semana chea de actividades para todos os públicos.

Todas estas actividades son gratuítas, con reserva previa en calquera dos puntos de contacto da Fundación.

Para máis información:

https://fundacioncelagz.wordpress.com/