Título node Learning object

Xornada "Profesionais pola Igualdade"
Mar, 11/09/2018 - 00:10
María Vinyals

A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra organiza unha xornada do título "Profesionais pola Igualdade". A finalidade desta xornada é analizar a importancia das políticas de igualdade na actual axenda política e social e reflexionar sobre a necesidade de visibilizar e poñer en valor o labor das e dos profesionais que traballan desde diferentes ámbitos para conseguir a igualdade real. Un dos grupos de traballo da tarde ocuparase especificamente do ámbito educativo.

 

Data: xoves 27 de setembro de 2018
Lugar: Escola de Igualdade María Vinyals. Castelo de Soutomaior (Arcade)

Pódese consultar o programa da actividade no PDF que se achega e mais na ligazón á web da Deputación.