Listaxes provisionais de admitidos e excluídos das prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/2019

Xov, 30/08/2018 - 10:00

Resolución do 30 de agosto de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios  socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 30 da Orde do 24 de maio de 2018 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2018/2019 (DOG núm. 109, do 8 de xuño).

  • Prazo para presentar reclamación: 5 días hábiles (os días 31 de agosto, 3, 4, 5 e 6, de setembro de 2018), que deberán dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.