A Consellería de Educación esta representada no encontro “Universidade 2.0: en busca da innovación educativa”

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, asistiu hoxe a actividade que se celebra na facultade de Comunicación en Santiago de Compostela

Xov, 12/05/2011 - 13:33

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estivo presente no encontro “Universidade 2.0: en busca da innovación educativa”; a través do secretario xeral de universidades, José Alberto Díez de Castro, en Santiago de Compostela.

Neste primeiro encontro, celebrado no día de hoxe na facultade de Comunicación, ten como obxectivo compartir experiencias, inquietudes e realizar debates sobre a aplicación das TIC no escenario da educación superior, especialmente no relativo a uso de contidos e plataformas dixitais.

Durante a súa intervención o secretario xeral destacou que “aaposta decidida pola innovación non debe limitarse a un aumento da diversidade de contidos da oferta educativa das nosas universidades, ante todo, debe orientarse á introdución de novas metodoloxías docentes e á aplicación de innovadoras tecnoloxías ao ámbito do ensino universitario. Estamos a asistir a un cambio provocado polas novas tecnoloxías que non só afectará positivamente á forma de impartir as ensinanzas universitarias, senón que implicará unha modificación substancial nas tradicionais relacións profesor-alumno”.

Por outra banda o secretario xeral dixo que “a xeneralización destas novas tecnoloxías constitúe un dos máis urxentes e necesarios pasos que as universidades han de dar e á que terán que destinar maiores recursos impulsando, á vez, tanto a modernización das súas instalacións e equipos coma a formación dos seus profesores”.

A xornada

Cómpre destacar que a xornada conta coa colaboración de diversas editoriais e con soportes tecnolóxicos, que aportaron a información que será transmitida a través de docentes universitario.

Están programados varios obradoiros, xirando un deles en torno a innovación e tecnoloxía de colaboración na universidade que ten como obxectivo traballar as estratexias eficaces de adopción tecnolóxica na ensinanza universitaria. Nas outras reunións falarase sobre a integración de elementos audiovisuais no entorno da ensinanza e sobre o uso da plataforma Moodle para alfabetización internacional das bibliotecas.

Menús News node R