Adxudicación das axudas do anexo II, modalidade B, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2018

Lun, 30/07/2018 - 09:45

Xúntase a Resolución do 19 de xullo  de 2018 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria ,  pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 e mais as solicitudes desestimadas que non superaron a puntuación mínima segundo o artigo 5 do Anexo II.