Título node Learning object

Obradoiro de recursos didácticos para estudar a biodiversidade no espazo mineiro restaurado das Pontes (EDUCA As Pontes)
Ven, 06/07/2018 - 09:37
Obradoiro de recursos didácticos para estudar a biodiversidade no espazo mineiro restaurado das Pontes  (EDUCA As Pontes)

Obradoiro que se desenvolve dentro do programa ENDESA EDUCA, ao amparo dun convenio entre a Fundación ENDESA e a USC; onde colaboran:

a) Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza.

b) Proxecto LANDCARE (http://landcare.es/).

 

Datas: 29 de setembro, de 10:00-18.00 h

Lugar: Espazo restaurado das Pontes

Punto de encontro (opcional):

  1. 10:00 h Parquing da Central de Ciclo Combinado de ENDESA, As Pontes
  2. 8:15 h Porta da Facultade de Bioloxía, da Universidad de Santiago

Destinado a: Formadores en educación ambiental, agricultura, biodiversidade.

Número de prazas: 25 (selección por vinculación e orde de inscrición).

Obxectivos

O principal obxectivo é que os asistentes poidan deseñar e organizar actividades de educación ambiental cos seus propios alumnos no espazo restaurado das Pontes; elaborar materiais didácticos relacionados coa biodioversidade que poidan empregarse cos estudantes dos centros educativos e coñecer as técnicas de restauración de espazos degradados, especialmente dos espazos mineiros.

Contidos:

  • Introdución á restauración de espazos degradados.
  • Papel da xestión do chan na restauración.
  • Os sistemas acuáticos e humedais.
  • A revexetación e formacións vexetais.
  • A fauna en espazos mineiros restaurados.

Deseño e avaliación de propostas didácticas sobre biodiversidade e a restauración de ambiental. Os asistentes ao curso deseñarán actividades de formación concretas que poderán ser desenvolvidas cos seus propios estudantes en posteriores visitas.

Desenvolvemento das sesións:

As sesións serán eminentemente prácticas e colaborativas. Inclúen sesións de campo e aula nas que se realizan e debaten actividades didácticas relacionadas co estudo da biodiversidade.

Impartido por:

Persoal da Universidade de Santiago de Compostela (Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza), Profesores do IES Moncho Valcarce (As Pontes) e do IES Lucus Augusti (Lugo) e Técnicos de Endesa.

Coordinador: Agustín Merino (Universidade de Santiago de Compostela)

 

Contacto: educaaspontes@gmail.com

Información xeral : www.endesaeduca.com