Convocatoria de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo para o curso 2018/2019

Ven, 01/06/2018 - 10:58
Convocatoria de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo para o curso 2018/2019

O Parlamento Europeo vén organizando anualmente desde hai 3 anos o Programa "Escuelas Embajadoras del Parlamento Europeo".

Este programa, que pretende achegar o Parlamento Europeo ao alumnado e profesorado, converténdoos en embaixadores da sede da democracia europea, implica para os centros educativos:

• Traballo en clase sobre o Parlamento Europeo en base a un workbook facilitado polo Parlamento Europeo nas catro linguas cooficiais do estado, así como en inglés e francés.

• Posta en marcha dun infopoint sobre o Parlamento Europeo no centro.

• Organización de actividades ao redor do día de Europa (9 de maio).

Os centros que completen con éxito o curso escolar no programa recibirán a placa de escola embaixadora do Parlamento Europeo nunha cerimonia en Madrid. Ademais convidarase ós centros participantes a reunións de formación na sede do Parlamento Europeo en España, na súa sede de Madrid, así como a posibilidade de participar en viaxes ás sedes de Bruxelas e Estrasburgo e de hermanarse con centros doutros estados da UE.

  • O prazo de inscrición finaliza o vindeiro 22 de xuño de 2018.
  • Alumnado ao que vai dirixido: 4º da ESO, 1º de bacharelato e formación profesional

No presente curso escolar en Galicia, 2017/2018 participan os seguintes centros:

  • IES de Poio, de Pontevedra

  • IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas - A Coruña

  • IES Valle Inclán, de Pontevedra

  • CPR Padre Feijoo Zorelle, de Ourense