Centros seleccionados na acción Voluntariado de lectura-A (primaria) e concesión dos selos "Biblioteca Escolar Solidaria" para o curso 2017/2018

Mar, 29/05/2018 - 14:51
Centros seleccionados na acción Voluntariado de lectura-A (primaria) e concesión dos selos "Biblioteca Escolar Solidaria" para o curso 2017/2018

Achégase arquivo coa Resolución de 29 de maio de 2018 relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 27 de novembro de 2017, do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Esta convocatoria foi ampliada pola Resolución de 16 de marzo de 2018, da mesma dirección xeral na que se concretaban algúns aspectos relacionados con dúas accións integradas neste programa: Voluntariado de lectura-A (para alumnado de 5º e 6º de primaria) e o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".

Resólvense estas dúas accións coa selección de 10 centros de Voluntariado de lectura-A entre os 70 centros participantes neste curso 2017/2018, aos que se lles concede a organización, no propio centro, dun obradoiro relacionado coa lectura expresiva, o laboratorio de radio, a realización dun audiovisual ou xogos cooperativos e tradicionais, que cada centro deberá elixir segundo o seu interese e que irá dirixido a un grupo de alumnos e alumnas participantes no programa de voluntariado. Así mesmo, concédese o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a dous centros que se candidataron por primeira vez (CEIP P. O Ramo, de Fene  e CEIP P. Virxeo do Carme, de Sober) e renóvase o selo a tres centros que presentaron a solicitude de renovación pertinente (CEIP de Leirado, de Salvaterra de Miño, CEIP Seis de Nadal,de Vigo e CEIP Montemogos, de Bueu). Cada un destes centros recibirá unha asignación de 1.500€ destinada a actividades da biblioteca escolar no ámbito da atención á diversidade, que faciliten avances na configuración dunha biblioteca inclusiva.  Este programa desenvólvese coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.