Título node Learning object

Bourse d´etudes en France 2018 pour professeur (Galicia)
Ven, 25/05/2018 - 13:04
Instituto Francés

A cooperación lingüística e educativa da embaixada de Francia en España, a través da súa agregada de cooperación para o francés no noroeste de España, ofrece unha bolsa de perfeccionamento en didáctica do francés a un/a profesor/a da Comunidade Autónoma de Galicia co fin de actualizar e reforzar as súas competencias como docente.

A bolsa consiste en dúas semanas de Formación en didáctica de francés FLE na Universidade de verán BELC 2018 en Nantes e inclúe o aloxamento e a manutención. Os gastos derivados da viaxe corren a cargo do participante.

 

Perfil da persoa candidata

O profesorado participante debera cumprir algún destes requisitos:

-Impartir docencia no programa de dobre titulación francés e español Bachibac nas materias de Lingua Francesa ou Historia.

-Solicitar impartir o programa de dobre titulación francés e español Bachibac para o curso 2018/2019.

-Impartir a materia de Historia en Francés no programa de Secci ounes Bilingües nas etapas de ESO ou Bacharelato.

-Impartir a materia de Historia en Francés nun centro que forme parte da Rede de centros Plurilingües de Galicia.

-Ser profesor/a de Historia nas etapas de ESO ou Bacharelato e estar en posesión do nivel B2 en lingua francesa segundo o MCERL.

-Non beneficiarse dunha bolsa do a Embaixada de Francia desde 2012.

Os profesores interesados enviarán o seu currículo e unha carta de motivación a caroline.natali@institutfrancais.es antes do 30 de maio de 2018.

 

Menús Learning object node R