Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica, e no corpo de profesores de relixión de secundaria, especialidade relixión evanxélica

Mér, 02/05/2018 - 10:42

Xúntase a Resolución do 25 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica (701402), e no corpo de profesores de relixión de secundaria, especialidade relixión evanxélica (702403).  

  •   O prazo para a presentación de solicitudes será o comprendido entre o 03/05/2018 e o 09/05/2018, ambos incluídos.