Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización ao alumnado de atención preferente
Ven, 20/04/2018 - 08:03

Xúntase a Orde do 4 de abril de 2018 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización ao alumnado de atención preferente.

  • O prazo de presentación de solicitudes nesta convocatoria é o comprendido entre o 23 de abril de 2018 e o 7 de maio de 2018, ambos inclusive (dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia)
  • O prazo de solicitudes amplíase dez (10) días hábiles, que comezará a computar desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 26 de abril de 2018 no Diario Oficial de Galicia.