Título node Learning object

Aulas da natureza 2018
Xov, 05/04/2018 - 14:54
Aulas da natureza 2018

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, convoca 400 becas para participar no programa nacional "Aulas de la Naturaleza" durante o verán de 2018.

Un 30% das prazas reservaranse para alumnado con necesidade específica de apoio educativo que presenten necesidades educativas especiais.

O programa desenvolverase durante o verán en dúas quendas de 12 días cada unha, entre o 14 de xullo e o 5 de agosto, e está dirixido ao alumnado de centros españois en territorio nacional sostidos con fondos públicos que cursen 5º ou 6º de educación primaria ou 1º da ESO con idades comprendidas entre os 11 e os 14 anos e alumnado que presente necesidades educativas especiais con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos.

Prazos:

- Ata o 11 de abril de 2018 para entregar a documentación nos centros educativos.

- Os centros educativos teñen de prazo ata o 18 de abril para tramitar a solicitude.

Máis información na seguinte ligazón:

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/es...