Título node Learning object

O CNIC achégase ao cole
Ven, 23/03/2018 - 13:09
O CNIC achégase ao cole

Presenta o teu traballo ao doutor Fuster!

Se es estudante  de 6 de primaria ou 1, 2, e 3 da ESO podes presentar un traballo en grupo do que esteas orgulloso e ter a oportunidade de coñecer aos investigadores do CNIC en distintas etapas da carreira investigadora e exporlle as túas dúbidas-preguntas sobre o labor investigador. Contacta co teu colexio ou instituto para que o teu profesor o presente. Os mellores traballos premiaranse cun diploma entregado polo Dr. Fuster durante o evento que terá lugar o día 6 de abril de 10:30 horas a 2  pm. O resto de traballos seleccionados expoñeranse na entrada do CNIC para que os alumnos llos expliquen ao resto de asistentes. Animámosvos a que presentedes traballos que realizásedes durante este ano ou anos anteriores. 

Temas: que é para min a ciencia? por que quero ser científic@? Como funciona o corazón? Como coidar a nosa saúde.

Para máis información:

https://www.cnic.es/es/noticias/cnic-achégase--ao-cole-presenta-o teu-traballo-ao-dr-fuster-0