Información sobre os servizos mínimos de transporte escolar e comedor escolar que operarán o día 8 de marzo de 2018, con ocasión da folga xeral convocada

Mér, 07/03/2018 - 14:46

O Decreto 26/2018, do 1 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2018, establece o seguinte:

  • Nos servizos regulares de uso especial para transporte de escolares:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais todos os itinerarios existentes nos horarios habituais.

  • Nos centros docentes non universitarios de titularidade pública:

Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa. Un encargado do cátering en cada un dos comedores de xestión indirecta.

1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lamenta os trastornos que a convocatoria desta folga poida causar ao alumnado e ás súas familias, que, en todo caso, preténdense paliar coa fixación dos servizos mínimos na totalidade do alcance permitido na actualidade.