Título node Learning object

Sufraxistas, en NUMAX na Escola
Mér, 14/02/2018 - 14:56
cartel

O programa NUMAX na Escola acaba de incluír o filme "Sufraxistas" dentro das súas propostas didácticas para traballar con alumnado de secundaria. Podedes consultar toda a información sobre o filme na seguinte ligazón.

Sufraxistas conta a historia das sufraxistas inglesas á altura da Primeira Guerra Mundial. A meirande parte destas mulleres non procedía da alta sociedad, senón que eran traballadoras que comprobaban como as súas protestas pacíficas non lles servían de nada. Radicalizadas e violentando continuamente a súa loita, estaban dispostas a perdelo todo na súa procura incansábel da igualdade: os seus traballos, as súas casas, os seus fillos e as súas vidas. Esta é a historia de Maud (Carey Mulligan), unha destas mulleres, e da súa loita pola dignidade e a das súas compañeiras.