Educación duplica as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia e no estranxeiro

A Consellería convoca 1400 prazas para estudantes de ESO e bacharelato co fin de que melloren as súas competencias en linguas estranxeiras

Ademais de realizarse na Comunidade, este ano ábrese tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, en réxime residencial ou familiar

Ao abeiro de EDUlingüe 2020 ofértanse 30 prazas de integración nun centro educativo de Canadá dun mes de duración

A Consellería sufragará entre o 87 e o 50% do custo destas estadías

Mér, 07/02/2018 - 11:26
Educación duplica as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia e no estranxeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria duplica este ano as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado ao convocar un total de 1400, fronte ás 682 postas a disposición o curso pasado. Isto demostra o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora das competencias en linguas estranxeiras por parte do alumnado, dado que ademais, esta convocatoria (que se pode consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180207/AnuncioG0164-230118-0002_gl.html ), introduce unha serie de cambios con respecto á anterior que xeran máis oportunidades formativas para os mozos e mozas.

Deste xeito, as estadías non só se realizarán en Galicia, senón que se abren tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, a través dun réxime residencial ou familiar. Así mesmo, o período formativo, que corre a cargo de profesorado nativo, vai de 1 a 4 semanas dependendo do curso e lugar de destino.

En concreto, para alumnado de ESO convócanse 940 prazas en réxime residencial na comunidade autónoma cunha duración de 1 a 2 semanas. A lingua na que se afondará a formación é o inglés.

Máis oportunidades en bacharelato

Pola súa banda, no caso de 1º e 2º de bacharelato convócanse 460 prazas, en réxime de familia ou residencial tanto en Galicia como no estranxeiro, nomeadamente en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal. A duración das estadías oscila entre 1 semana (en Galicia) a 3 semanas durante o verán, mentres que se pon en marcha unha actividade de integración de 4 semanas de duración para alumando de 1º de bacharelato ao inicio do curso 2018/19.

Para esta última estadía, que se organizará en Canadá en réxime familiar, ofértanse 30 prazas. Neste caso, o alumnado galego asistirá a clases en centros educativos da zona de destino. Cómpre salientar que esta actividade se enmarca na Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe 2020, na que se prevén estadías de integración en países estranxeiros co fin de fomentar unha mellora integral das competencias en lingua estranxeira.

O prazo de solicitude destas estadías –cuxo custo a Consellería asumirá entre o 87 e o 50%– estará aberto desde mañá día 8 de febreiro ata o 7 de marzo, ambos os dous días incluídos. En concreto, a distribución de prazas é a seguinte:

 

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

2º BACH.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Francés en Francia

3 semanas

Residencia

10

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

10

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

Francés en Francia

3 semanas

Residencia

10

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

10

TOTAL BACH.

 

 

 

460

4º ESO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

4º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

90

3º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

180

2º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

240

1º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

380

TOTAL ESO

 

 

 

940

Solicitudes

As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta, no enlace web https://sede.xunta.es; seguindo as instrucións correspondentes da aplicación dispoñible a través da dirección web http://www.edu.xunta.gal/axudasle –onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes do alumnado que se beneficiará das achegas–; ou presentando o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Xunta, por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para obter as bolsas, os candidatos e as candidatas terán que estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na comunidade autónoma de Galicia; ter unha nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6 no curso 2016/2017, así como ter superadas todas as materias nese mesmo ano académico. Para a actividade de integración (1º Bacharelato, que se desenvolverá no inicio do curso 2018/19), ademais das condicións xa citadas, debe estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de Centros Plurilingües.

Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a nota media do expediente académico no curso 2016/17 e a renda per cápita da unidade familiar. Ademais, terase en conta o feito de pertencer a unha familia numerosa, contar cun membro cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez. Igualmente, o feito de non ter sido beneficiario dunha axuda destas características na convocatoria do ano pasado.

Contacto idiomático e cultural

O propósito desta iniciativa, enmarcada en EDUlingüe 2020, non é só conseguir que o alumnado aprenda un idioma estranxeiro, senón que o poña en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, entre as que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado, promovendo unha inclusión total na lingua estranxeira.

Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes teñan un verdadeiro contacto idiomático, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos e alumnas de diversas nacionalidades.