Encontre a súa información...

Real Sociedade Española de Física. Olimpíada Internacional de Física. Fase local 2018
Ven, 26/01/2018 - 10:44
Olimpíadas de Física

Organizan

Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fase Nacional

Para a participación nesta fase, cada Universidade designará, na Fase Local, tres estudantes de 1º e 2º de Bacharelato de Centros públicos e privados, así como de Centros de Formación Profesional de 2º e 3º grao.

Esta fase terá lugar en Valladolid do 13 ao 16 de abril de 2018.

Fase Local

Para o desenvolvemento desta Fase, as tres Universidades de Galicia, como en anos anteriores, acordaron realizar idéntica proba, celebrándose en cada Universidade o mesmo día e hora.

Unha vez seleccionados polos centros, o alumnado que vai participar na Fase Local, deberán remitir por correo electrónico ao Coordinador da Olimpíada de Física de cada Universidade, a ficha segundo o modelo adxunto, antes do 19 de febreiro.

Data e lugares da celebración das probas correspondentes á Fase Local

Data: día 23 de febreiro ás 16:00 horas.

Lugares:

  • Facultade de Física, Universidade de Santiago, SANTIAGO DE COMPOSTELA.
  • Facultade de Ciencias, Universidade de A Coruña, A CORUÑA.
  • Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO.
  • Facultade de Ciencias, Universidade de Vigo, OURENSE.

O alumnado poderá escoller calquera dos centros mencionados para examinarse destas probas.