Resolución da convocatoria do Certame Vindevídeos

Mar, 23/01/2018 - 11:22
Resolución da convocatoria do Certame Vindevídeos

Resólvese o Certame Vindevídeos, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Cultura, no marco da programación conmemorativa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha co gallo da estadía en Galicia do Pergamiño Vindel.

A Comisión de selección, logo de avaliar os traballos presentados ao Certame Vindevídeos, resolveu declarar gañadores dos premios convocados para cada categoría os seguintes vídeos relacionados coa cultura trobadoresca na que se xeraron as cantigas medievais galego-portuguesas:

  • CATEGORÍA A: educación infantil e primaria

1.º premio: Fals’e traedor – CEIP do Carballal. Marín. Pontevedra

2.º premio: Galicia: referente da cultura medieval – CEIP Ortigueira. Vedra. A Coruña

  • CATEGORÍA B: educación secundaria, ensinanzas especiais de grao medio, ensinanzas de adultos destes niveis académicos e ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia

1.º premio: Cantigueando – IES Francisco Asorey. Cambados. Pontevedra

2.º premio: O Peque Coro do Xan Viaño descubrindo o pergamiño Vindel – CMUS Xan Viaño. Ferrol. A Coruña

Presentáronse un total de 58 traballos -28 da categoría de infantil e primaria e 30 na do resto dos centros educativos-, o que levou o xurado a destacar e agradecer a ampla participación, así como a boa calidade da totalidade das propostas.

Menú Advertisement

Premios autonómicos

Sen términos