Título node Learning object

Día Mundial da Radio 2018. Xornada escolar en directo
Lun, 22/01/2018 - 12:49
Día Mundial da Radio 2018. Xornada escolar en directo

PONTE...NAS ONDAS! convídavos  a que vos sumedes  á  celebración do DÍA MUNDIAL DA RADIO que se vai celebrar o 13 de febreiro. O portal “ESCOLAS NAS ONDAS!” , o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o  ámbito da lusofonía acollerá as producións que se envíen.

Participación

  • Enviando os programas ou podcasts que desexen ao enderezo web@escolasnasondas.com. Se os tedes en calquera plataforma  (Ivoox, Soundcloud,  etc.) podedes mandarnos o enlace para que nós os incorporemos.
  • Máis info.: ondas@pontenasondas.org