V Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2018

Xov, 21/12/2017 - 18:03
V Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.

Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, GaliciaSkills 2018 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa Comunidade Autónoma.

Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 23 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Galiciaskills 2018 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2018.

Os centros que queiran presentar competidores/as a calquera dos skills arriba relacionados deberán facer efectiva a súa participación en GaliciaSkills 2018 cubrindo a solicitude de inscrición por cada skill en que participen.

Esta deberá remitirse, antes do día 23 de marzo de 2018, ao seguinte enderezo de correo electrónico sxfp@edu.xunta.es