Título node Learning object

Xornadas Coeducando na diversidade e o bo trato do CIM do Grove
Lun, 13/11/2017 - 11:23
logo

O Centro de Información á Muller do Concello do Grove vai desenvolver o primeiro dos obradorios incluídos nas "Xornadas Coeducando na diversidade e o bo trato", de interese para o profesorado e o alumnado interesado no ámbito da igualdade.

O obradorio co que se arranca é o de "Pedagoxías Queer: sexos, xéneros e desexos disidentes en educación". O obxectivo deste obradoiro é poñer en cuestión o sistema de oposicións dual e o réxime de normalidade que expulsa subxectividades e identidades disidentes. Procurarase comprender os efectos que binomios tales como home-muller, masculino-feminino, homosexual-heterosexual, teñen nas biografías das persoas, abordando para isto as posicións desiguais de poder en que se sustentan e/ou a que dan lugar.

Data: xoves 16 de novembro de 2016
Horario: 17.00- 20.00
Lugar: confraría de pescadores do Grove (praza do Corgo).
Servizos: servizo de conciliación

O seguinte obradoiro dedicarase ao tema das novas masculinidades: "Masculinidades e homes diversos. Botar fóra os micromachismos":

Data: xoves 23 de novembro de 2016
Horario: 17.00- 20.00
Lugar: confraría de pescadores do Grove (praza do Corgo).
Servizos: servizo de conciliación

Por último, haberá unha sesión de Contacontos dende a perspectiva de xénero:

Data: luns 20 e 27 de novembro de 2016
Horario: 16.00- 20.00
Lugar: Casa da Cultura (Monte da Vila 11)
Servizos: servizo de conciliación

Para obter mais información ou realizar a inscrición pódese contactar co CIM do Grove: