Título node Learning object

Formando creadorxs
Ven, 08/09/2017 - 13:47

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Fundación SGAE

Ámbito: alfabetización múltiple, educación artística, música, audiovisual e comunicación
Definición: formación de futuros creadorxs en facetas e dimensións estratéxicas complementarias e creación, no desenvolvemento dunha carreira profesional, consciente e responsable.
Temporización: medio curso escolar
Alumnado ao que vai dirixido: ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas especiais, centros profesionais de música, danza e audiovisual
Límite de centros participantes: 3
Límite de alumnos por centro: mínimo: 25 - máximo: 200

Criterios de selección: Seleccionaranse 3 centros docentes atendendo ao cumprimento das condicións de participación seguintes:

  1. Seleccionaranse os centros nos que participe o maior número de alumnado, cun mínimo de 25 alumnxs obrigatorios.

  2. Priorizaranse as propostas concretas na solicitude para concretar a data e concentrar os horarios dos grupos que participen no programa. O centro debe poder organizar sesións de traballo dun mínimo de 3/5 horas seguidas, ou ben unha xornada completa (mañá e tarde) de traballo.

  3. Idoneidade e calidade do proxecto. Elixiranse aqueles que mellor definan os seguintes puntos: obxectivos xerais, obxectivos específicos, área que se estuda, departamentos implicados, temporización concreta e horario presentación e divulgación dos resultados.

  4. O profesorado participante deberá asistir obrigatoriamente á xornada de formación do programa (cunha duración de 4 h a desenvolver na primeira quincena de decembro).

  5. Grao de implicación da comunidade educativa e vinculación curricular relacionada cos contidos de Formando creadorxs.

  6. Existencia de redes sociais e espazo web activo do centro educativo nas que se comunique e difunda o traballo desenvolvido ao longo do programa Formando creadorxs.

  7. Orde de entrada.

Criterios de exclusión: non cumprir os criterios de selección, especialmente os relacionados co número mínimo de asistentes, a proposta organizativa e a orde de entrada da solicitude.

Persoa responsable:

Nome: Patricia Blanco Suárez
Departamento: Fundación SGAE (Formación). Rúa das Salvadas s/n (Parque Vista Alegre). Santiago de Compostela
Teléfono: 981 569 082
Correo electrónico: pblanco@fundacionsgae.org

Xustificación

As obras artísticas e intelectuais contribúen a conformar a memoria colectiva das sociedades, constitúen o seu patrimonio cultural e conforman a base da educación dos máis pequenos e da súa formación como persoas, axudándolles a comprender o mundo que os rodea. No contexto globalizado actual que esvaece e dilúe a conciencia dos valores propios, entendemos a necesidade de transformar e redimensionar a formación nunha educación activa e implicada, experimentando o traballo en común desde unha perspectiva creativa individual e comunitaria de respecto.

A necesidade de inculcar nos futuros profesionais o interese e coñecemento de dimensións fundamentais para o desenvolvemento da súa carreira profesional, como membros dun colectivo imprescindible para a sociedade. Concienciar sobre as fases necesarias para que un traballo creativo e intelectual vexa a luz e a sociedade poida gozala.

O programa contribúe á educación en valores do seguinte xeito:

Creadorxs conscientes das facetas necesarias para o desenvolvemento da súa carreira, serán perfectos profesionais, embaixadores e transmisores da relevancia do seu traballo para a sociedade.
Unha sociedade que valore os seus creadorxs, que valore o acervo cultural que estes contribúen a crear e  na que se sinta parte implicada, é unha sociedade formada por individuos con sentido crítico e polo tanto, máis libre e mellor preparados para afrontar os retos laborais. Tamén é unha sociedade máis xusta e con máis ferramentas para reducir as diferenzas socio-económicas entre os seus individuos.

Educación en valores: educación do consumidor, educación para o lecer, educación moral e cívica, liberdade persoal, respecto, responsabilidade, solidariedade, tolerancia e xustiza.

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa é formar os futuros profesionais nas diferentes facetas da súa profesión, facilitando os procesos de comprensión da mecánica e a función dos dereitos de autor e a súa utilidade para os futuros autores e autoras.

  • Dotar de ferramentas metodolóxicas, prácticas e teóricas para o desenvolvemento da carreira artística dos participantes.
  • Recuperar para a didáctica os valores que a industria cultural nos achega de forma cotiá, vinculándoos ao pensamento crítico e ás necesidades expresivas.
  • Facilitar ao profesorado material e documentación que complemente a pedagoxía curricular .
  • Impulsar persoas creadoras formadas, implicadas e conscientes, da man dos propios profesionais e autores.

  • Explorar as diferentes etapas do proceso creativo.

  • Aprender a ser creadorxs a través do coñecemento e a formación.

  • Establecer a correspondencia natural entre os valores creativos e os prácticos.

  • Ensinar a valorar o traballo intelectual e creativo polos beneficios de carácter social e económico que achegan á sociedade e á cultura do seu ámbito.

  • Potenciar a incorporación das novas tecnoloxías na aprendizaxe activa.

  • Transferir o vínculo necesario entre estímulo, expresión, formación e ética.

  • Reforzar a expresión cultural diferenciada lingüística e creativamente desde a formación e o respecto.

  • Achegar ferramentas e respostas ás inquedanzas creativas e artísticas.
     

Palabras clave

Alfabetización audiovisual. Dereitos de autor. Educación artística. Igualdade. Patrimonio

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

  • Mellorar a capacitación práctica de xestión das carreiras profesionais dos participantes
  • Adquirir coñecemento nos aspectos básicos para a posta en marcha e desenvolvemento da carreira profesional no ámbito creativo.
  • Coñecer o funcionamento, características e puntos clave sobre os dereitos de autor.
  • Facilitar as ferramentas de xestión contable e financeira necesarias para o correcto desenvolvemento profesional.
  • Destacar factores prácticos habitualmente desatendidos nos itinerarios formativos.

PARA O PROFESORADO

  • Dotar de ferramentas metodolóxicas, prácticas e teóricas para o desenvolvemento da carreira artística dos participantes.
  • Recuperar para a didáctica os valores que a industria cultural nos achega de forma cotiá, vinculándoos ao pensamento crítico e ás necesidades expresivas.
  • Facilitar especialistas de diferentes ámbitos que acheguen formación complementaria á impartida nas aulas.
  • Promover a profesionalización e valorización das carreiras creativas.

PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

  • Involucrarse na ampliación de capacidades extra curriculares fóra do contexto académico.
  • Ampliar os conceptos asociados a unha carreira artística profesional.
  • Promover a posta en valor das carreiras creativas na Comunidade.
  • Implicar a toda a comunidade educativa na observación das necesidades formativas na profesionalización dun sector.

Metodoloxía recomendada

  • Formación previa para o profesorado para dotar de competencias e ferramentas de continuidade.
  • Talleres presenciais nos centros para alumnado e profesorado.
  • Traballo en grupo e individual para a elaboración dos proxectos finais.

Temporización

 Medio curso escolar.

  • 1º trimestre: curso de formación obrigatorio de catro/cinco horas para o profesorado (decembro).
  • 2º trimestre: segunda e terceira xornada de obradoiros nos centros escolares (febreiro/marzo).

Elaboración de proxecto final.

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación do profesorado: obrigatoria de catro horas
    Modalidade: presencial (4 horas)
    Temporarización: decembro

Lugar: SGAE (Santiago de Compostela)

Observacións prazas:  Está aberto a todos os docentes que o queiran solicitar con prioridade para o profesorado participante no Ciclo Formando Creadorxs.

  • Formación para o alumnado e profesorado no centro

Estes talleres desenvolveranse en horario lectivo asesorados por profesionais do sector en convivencia co profesorado. Serán a arquitectura para a transmisión de valores e coñecementos prácticos que fundamentan o programa.

  • 1ª XORNADA

1h- De profesión artista. Gañarse a vida nas industrias creativas.
2 h- A túa creación. Propiedade intelectual. Dereitos de autor. Editoriais.

  • 2ª XORNADA

1h- Vaiamos seguros. Facturación e contratos para creadorxs

1h- Canto custa e quen compra o teu traballo. Venda e comunicación de proxectos artísticos.

 

  • Material didáctico: Entrega de material - guía para docentes. Descarga de recursos educativos en aberto para a súa posta a disposición de todos os usuarios do Plan Proxecta. Enquisa de consulta sobre resultados.
  • Webs de referencia:

 

Produto final

  • Memoria final descritiva de cada un dos talleres e entrega de enquisas de avaliación do alumnado.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.

2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións do contorno) e creación entre todos dunha rede de traballo cooperativo.

3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.

4. Estratexias de adaptación do proxecto á situación do confinamento debido ao estado de alarma pola Covid-19.

Criterios específicos

5. Resultado do proxecto final e memoria final do proxecto.

6. Cumprimento dos obxectivos do programa.

7. Capacidade de implicación e estimulación da creatividade con outros centros participantes .

 

 

Menús Learning object node R