Convocatoria para participar no programa Atrévete 2017/2018
Mér, 06/09/2017 - 11:51
Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.