Encontre a súa información...

Plan LÍA

Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe

Obxectivos xerais:

  • Adaptar os recursos informativos dos centros educativos ás novas necesidades da sociedade da información do século XXI
  • Promovercambios no profesorado  que faciliten a integración das tecnoloxías emerxentes, a mellora da calidade e a renovación das prácticas educativas.
  • Favorecer a adquisición das competencias básicasdo alumnado galego e contribuír ao éxito escolar.
  • Mellorar a lectura comprensiva, a escritura e as habilidades no uso da información da poboación escolar galega.
  • Incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas, aproveitando os seus recursos para unha mellor atención á diversidade, e unha máis  óptima atención á multiculturalidade, ás necesidades educativas específicas e ao plurilingúísmo.
  • Estimular a experiencia lectoraentre os distintos sectores da comunidade educativa.

Liñas estratéxicas

Co fin de estabilizar a Rede de bibliotecas escolares de Galicia, como centros de recursos ao servizo dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, imprescindibles para a adquisición das competencias básicas do alumnado e para a formación de lectores competentes, así como para a consecución dos obxectivos xerais anteriormente definidos, considéranse as seguintes liñas estratéxicas de actuación:

  • Darlle continuidade ao Plan de mellora de bibliotecas escolares
  • Afianzar a Rede de bibliotecas escolares de Galicia, no contexto do Sistema bibliotecario galego.
  • Reforzar a formación do profesorado para un maior uso dos amplos recursos que as bibliotecas escolares poñen á súa disposición
  • Afianzar a colaboración  con outros axentes sociais que poidan contribuír á construción da sociedade lectora, e que teñen incidencia na poboación escolar.
  • Ampliar a visibilidade das boas prácticasque se están a levar a cabo a través das bibliotecas escolares nos centros, e que posibilitan a consecución dos obxectivos da Escola 2.0/Abalar.
  • Acadar maiores cotas de implicación das familias na formación dos novos lectores.
  • Reforzar o programa Hora de ler, con novas iniciativas, mellorando, a un tempo, as que teñen boa acollida e bos resultados.

(Cada liña estratéxica desenvólvese a través dunha serie de “medidas” previstas)

Máis información

Plan LIA

Plan LÍA 2016/2020