Título node Learning object

Memoria de Seccións Bilingües
Xov, 13/07/2017 - 10:58

Aberto o prazo para realizar a MEMORIA de Seccións Bilingües 2016-2017

O prazo remata o 5 de setembro de 2017

A memoria deberá ser CONFIRMADA pola persoa directora

 

O persoal coordinador, profesorado CLIL e a persoa directora terán acceso á aplicación https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos  a través da súa conta de correo electrónico edu.xunta.es                         

1-. Acceder a https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos  

2-. Premer en Seccións Bilingües, curso 2016/2017, na pestana memoria.

3-. Cubrir. Gardar. Confirmar. 

 

IMPORTANTE

Para poder cubrir a memoria a dirección do centro debe revisar os datos introducidos en XADE: alumnado, materia, grupo, número de seccións, profesorado CLIL.

Os datos da persoa coordinadora deberán ser introducidos en PERSOAL -non en XADE-.  Se aínda non están introducidos -ou se observase algún erro- deberán contactar coa Xefatura Territorial correspondente.

A memoria só se poderá editar se todos estes datos son correctos.

O/a director/a do centro é a única persoa habilitada para confirmala -premendo en CONFIRMAR-.