Título node Learning object

Premios Fundación Princesa de Xirona 2018
Xov, 22/06/2017 - 12:24
Logo

Convoca

Fundación Princesa de Xirona.

Categorías

Catro categorías premian as traxectorias de mozas que teñen desenvolvido proyectos ou negocios (especialmente se estes levaron dificultade ou risco) e, con iso, foron capaces de inducir, de forma creativa, cambios positivos na sociedade en diferentes categorías:

  • Artes e letras.
  • Empresa.
  • Investigación científica.
  • Social.
  • Premio Internacional.
  • Para entidades e organizacións da Unión Europea que traballen no ámbito do desenvolvemento profesional da mocidade e/ou a innovación educativa.

Obxectivo

Promover e fomentar o desenvolvemento do talento de mocidade emprendedora e innovadora que demostre inquietude por constituír un mundo máis xusto nunha contorna globalizada e que teña capacidade de asumir riscos e a motivación necesaria para inducir cambios na sociedade.

Requisitos

  • Ter entre 16 e 35 anos antes da data límite de presentación de candidaturas.
  • Na modalidade de Investigación Científica, e co obxectivo de promover a participación de persoas candidatas, a aquelas con fillos ao seu cargo aplicaráselles unha ampliación do rango de idade por cada fillo.
  • Ter nado ou residir legalmente en España.
  • No caso da categoría Artes e letras requírese ter nado ou residir legalmente nalgún país membro da Unión Europea.
  • Todas as candidaturas deberán ser avaladas mediante unha carta de apoio á persoa ou entidade candidata.
  • As candidaturas serán individuais.

Prazo

Ata o día 30 de outubro de 2017.

Premios

Cada premio consistirá nunha dotación en metálico de 10000 euros.