Título node Learning object

Ruralizarte: xornadas de convivencia creativa
Ven, 16/06/2017 - 12:24
Logo

Información

As consellerías de Política Social e Medio Rural a través das direccións xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado e de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, respectivamente, en colaboración cos concellos de Melide, Riós e Palas de Rei poñen en marcha o programa Ruralizarte.

Ruralizarte é unha plataforma para dar a coñecer o talento da xuventude galega dunha maneira natural e entretida, co obxectivo de fomentar a creatividade das nenas e nenos tomando por contexto o noso rural.

Tomando Galicia como plató, 14 nenos e nenas convivirán en distintos puntos do rural, en 3 albergues xuvenís, amosando os seus dotes creativos.

Un grupo de participantes convivirán en Melide e o outro grupo en Palas de Rei. Despois desta convivencia, os dous grupos xuntaranse en Riós, escenario da X edición do Festival das Artes escénicas, onde darán os seus últimos pasos.

 

Despois de completar a súa formación, relacionaranse cos artistas convidados do festival podendo ensaiar todo o aprendido no lugar elixido para o seu gran debut artístico: o escenario da ruta do talento.

Inscrición

Pódese participar no casting en liña enviando un vídeo e a ficha de inscrición ao correo electrónico ruralizarte2017@gmail.com

Criterios de valoración

A empatía, o equipo, a humanidade, a propia historia, o compromiso, a capacidade e calidade artística, a posta en escena e a coordinación.

Menús Learning object node R