Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2017
Lun, 12/06/2017 - 13:47

Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa Piale 2017.

  • A exposición destas listaxes abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 19 de xuño de 2017.

Unha vez que a reclamación sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 2 deoutubro , solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listaxes definitivas.

No caso de remitir a documentación por correo postal, deberase dirixir ao seguinte enderezo:

Servizo de Formación do Profesorado
D.X. de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación
EDif. Adm. San Caetano
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela