Título node Learning object

Curso de verán do Escorial. O efecto PISA: máis aló da metodoloxía e da comparación
Ven, 09/06/2017 - 09:30
Logo

Información

A OCDE, entre outros  obxectivos, lanzou no ano 2000 o seu Programme for International Student Assesment (PISA,  polas  súas  siglas  en inglés), para  responder  á necesidade  de información sobre o rendemento do alumnado de 15 anos a escala internacional. Transcorridos xa máis de 17 anos, e a pesar de non ser o primeiro intento  de avaliar mediante  probas  obxectivas,  ninguén  dubida  de que parte  do éxito de PISA radica no rigor e nos datos que achega sobre os sistemas escolares. A partir de aquí, cabe facerse algunhas preguntas ás que, durante as tres xornadas deste curso, procurarase responder. A cultura da avaliación, cos seus límites, permite abrir novos camiños á discusión sobre o logro educativo e as solucións realistas, e afianzalos en conceptos como a transparencia e a rendición de contas.

Organismos convocantes

  • Patrocina: Fundación Ramón Areces
  • Colabora: Fundación Europea Sociedade e Educación
  • Sede: Fundación Ramón Areces. C/ Vitruvio 5. Madrid  

Datos de interese

  • Data: do 10 ao 12 de xullo de 2017
  • Aviso importante para a matrícula: aquelaspersoas que desexen matricularse de forma gratuíta  no curso deben  enviar  un  correo  a cursvera@ucm.es cos seguintes  datos  obrigatorios,  indicando  no Asunto do email Curso Fundación Ramón Areces: Apelidos e Nome / DNI ou Pasaporte/ Teléfono/ Correo  Electrónico/ Dirección (Rúa/Pza., Número, Cidade e Código Postal).
  • O aforo é limitado. 
  • A  data  límite para inscribirse  é o mércores 5 de xullo.
  • As persoas  participantes recibirán confirmación da súa matrícula vía mail o xoves 6 de xullo.

Programa do curso

https://www.ucm.es/data/cont/media/www/pag-13641/73313.pdf