Título node Learning object

Olimpíada Internacional de Robótica WRO 2017. 10 de xuño
Mar, 16/05/2017 - 08:54
Logo

Descrición

A World Robot Olympiad é unha competición de robótica educativa de ámbito internacional, que ofrece ao alumnado unha oportunidade para achegarse de maneira lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñería. Os e as estudantes, coa orientación dun mentor, deben construír un robot innovador que supere un reto. Así, aprenden e demostran a súa capacidade de resolución de problemas, á vez que desenvolven competencias persoais.

 

Categorías

Na edición 2017, as categorías por idades dos diferentes retos son as seguintes:

O reto Regular inclúe:

  • Start: de 7 a 12 anos (nacidos entre 2005 e 2010).
  • Elementary: de 7 a 12 anos (nacidos entre 2005 e 2010).
  • Junior: de 13 a 15 anos (nacidos entre 2002 e 2004).

O reto Fotball inclúe:

  • Única: de 10 a 19 anos (nacidos entre 1998 e 2007).

O reto Open inclúe:

  • Elementary: de 7 a 12 anos (nacidos entre 2005 e 2010).
  • Junior: de 13 a 15 anos (nacidos entre 2002 e 2004).

Datos de interese

  • Data: sábado 10 de xuño de 2017
  • Lugar: CPR Compañía de María, Rúa Calvo Sotelo, 2, A Coruña
  • Horario: de 9.00 h a 17.00 h.

Organiza

A Fundación educaBOT, que ten como misión promover a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas a través da robótica, e fomentar os valores do traballo en equipo, a innovación, a creatividade e a cultura do esforzo. Colabora Arkitas Robótica.

Inscricións

http://www.wroboto.es/inscripciones/

O número de prazas para cada torneo é limitado:

  • Regular - Elementary: 12 prazas
  • Regular - Junior: 12 prazas
  • Football: 6 prazas