Título node Learning object

Piano Meeting Ourense 2017
Lun, 08/05/2017 - 13:47
Logo

Descrición

O Festival Piano Meeting 2017 de Ourense, que está previsto se celebre na cidade das Burgas o vindeiro mes de setembro, consiste en sacar simultaneamente 4 pianos á rúa que soarán de maneira ininterrompida de 12.00 ata as 20.30 horas en espazos emblemáticos da cidade como o Xardín do Posío, As Burgas ou a rúa do Paseo. Tamén haberá obradoiros para neófitos/as do piano e un concerto final, a modo de peche, na Praza Maior.

Obxectivo

Promover e apoiar os novos valores da música.

 

Convocantes

O encontro conta co apoio, entre outras entidades, da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Participantes e requisitos

  • Poderá participar nesta convocatoria calquera pianista/grupo con piano nacido no ano 1987 e posteriores (no caso dos grupos, a maioría das persoas integrantes deberá cumprir este requisito), nacido en España ou Portugal, ou residente nestes países.
  • Cada participante poderá presentarse como pianista solista, nunha agrupación con piano, piano a catro mans, piano con canto ou nas múltiples vertentes de formacións con piano que existen. Tamén se poderá participar tocando diferentes estilos, entendendo como diferentes estilos: música clásica, jazz, folk, pop-rock, etc.
  • Para os/as 20 participantes seleccionados/as o custo de transporte e aloxamento correrá a cargo da organización.
  • As persoas seleccionadas poderán dispoñer de 30 minutos no emprazamento que a organización estime para a realización da súa actuación.

Prazo de inscrición

Ata o 30 de maio de 2017.

Premios

  • Primeiro Premio: 1000 euros
  • Segundo Premio: 500 euros.

Contacto

R/ Calzada de Carmen de Abaixo nº 11, 15705 Santiago de Compostela

Correo electrónico: comunicacion@pianomeeting.com

Tel.: +34 622 59 62 29

www.pianomeeting.com