Título node Learning object

Concurso de Booktrailers. Erasmus + K2
Xov, 04/05/2017 - 12:27
Logo

Descrición

O CPI O Cruce de Cerceda (Coruña) organiza o Booktrailer Film Festival no contexto do proxecto europeo Erasmus+ K2 2015-1-IT02-KA219-015284.

 

Datas e lugares

  • Días 20 e 21: Auditorio de Cerceda
  • Día 22 talleres, Conferencia e Gala Final na Universidade de Santiago de Compostela.

Será nesta última xornada cando se faga entrega dos premios segundo as categorías establecidas.

Desenvolvemento

O concurso fundamentarase nunha temática relacionada coa literatura, personaxes literarios e a cultura en xeral na que se plasme a cooperación intercultural.

Para participar poderanse presentar traballos que encaixen nunha das 3 seguintes categorías:

  • Booktrailer: resumo en vídeo dun libro ou dun dos seus fragmentos. Duración máxima: 4 minutos.
  • Videoclip: expresión audiovisual que acompaña a unha canción. Duración máxima: 6 minutos.
  • Experiencia didáctica: Peza audiovisual con claro obxectivo didáctico. Duración máxima: 8 minutos.

Establécense 2 seccións:

  • Para maiores de 17 anos
  • Para menores de de 17 anos

Prazo

Ata o 20 de xuño de 2017.

Máis información

http://proyectoscpiocruce.com/BT-2017/wpcontent/uploads/2017/02/bases_booktrailer_film_festival_2017.pdf