Título node Learning object
Olloboi 2017. Festival audiovisual escolar
Mér, 03/05/2017 - 09:18
Persoas destinatarias e requisitos
- Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas relacionadas co ámbito escolar, incluíndo alumnado, profesorado, nais e pais e PAS. Os/As menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor ou titora legal.
- O concurso está dirixido a todos os niveis educativos: Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade e Escolas Audiovisuais.
- Aceptaranse videocreacións (ficción ou documental) de duración preferentemente non superior ós 20 minutos.
- A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso do idioma galego, a sensibilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais.
- Os traballos deberán estar accesibles a todo o público en Internet, aloxados en Vimeo ou en Youtube.
Categorías
- Olloboi Interpretación: onde se valorará unha boa dirección de actores e/ou un reparto ben escollido, evidenciándose na naturalidade ou adecuación das interpretacións
- Olloboi Montaxe: o que amose unha edición mellor planificada, sexa esta narrativa, expresiva, fragmentada, de continuidade...
- Olloboi Fotografía: onde se valorará o emprego das leis de composición visual (respectándoas ou conculcándoas cun fin determinado), a escolla da paleta cromática, etc.
- Olloboi DJ: a mellor sonorización e/ou interpretación musical, orixinal ou versión.
- Olloboi Guión: o mellor texto orixinal, onde se primará a existencia de personaxes e situacións verosímiles. Terase en conta a comicidade.
- Olloboi Arte e estética: onde se terá en conta a construción de escenarios, vestiario e maquillaxe. Terán especial cabida nesta categoría as animacións, Stop Motion, Time Lapse, etc.
- Olloboi Zamburrioi: premio especial concedido pola Asociación Olloboi.
Premios e xurado
A contía dos premios determinarase en función do patrocinio ou axudas acadadas.
O Xurado estará constituído por integrantes da Rede Cómplice de Olloboi. Procurarasecontar con representantes do mundo docente e do audiovisual profesional.
Prazo
Inscrición de traballos ata o 26 de maio de 2017
Encontro Olloboi 2017: 9 de xuño de 2017, lugar por determinar