Título node Learning object

XXIX Premio Torrente Ballester de Narrativa en lingua castelá
Lun, 17/04/2017 - 10:12
Logo

Información

Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza as nosas escritoras e escritores, e coa vontade de homenaxear o ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña convoca o XXIX Premio Torrente Ballester de Narrativa en lingua castelá.

 

Participantes

Poderán optar ao premio todas aquelas persoas que non o obtiveron nos cinco anos anteriores a este e que presenten obras inéditas, escritas en lingua castelá, e non premiadas con anterioridade.

Premio

Será outorgado un premio único, dotado con 25.000 euros, que poderá quedar deserto e ser concedido con carácter ex aequo. Neste caso, o seu importe repartirase proporcionalmente entre as persoas que resulten premiadas.

Requisitos

  • As obras serán de tema e extensión libres, poderanse presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos.
  • As obras presentaranse preferentemente en formato dixital nun arquivo de tratamento de texto Word, OpenOffice ou PDF.

Prazo

Ata o 10 de xuño de 2017.

Xurado

O xurado estará presidido pola deputada-presidenta da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística, e formarán parte del cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da narrativa en lingua castelá, nomeadas por ela.

A decisión do xurado terá lugar no último cuadrimestre de 2017 e será comunicada a través do taboleiro de anuncios e da páxina web da Deputación www.dacoruna.gal .