Título node Learning object

Idiomas do Mundo. Inmersión lingüística para alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato residente na Coruña
Ven, 31/03/2017 - 10:31
Logo

Descrición

O obxecto deste programa do Concello da Coruña é ofrecer a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o verán de 2017 en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.

Datas

4 semanas de duración durante o verán de 2017 (de preferencia o mes de xullo)

Prazo

Do 10 de abril ao 28 de abril, ambos incluídos.

Requisitos

  • Residir no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, dende o 1 de setembro de 2016. Tamén serán aceptadas residencias posteriores a esa data e anteriores ao final do prazo de presentación de solicitudes nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña.
  • Estar matriculado/a e cursando 4º de ESO ou 1º de bacharelato.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación media de 6 ou máis puntos e non ter ningunha materia suspensa.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación de 6 ou máis puntos na materia de lingua/as estranxeira/s pola/s que se queira optar (inglés/portugués/francés/alemán) e estar a cursala/s no curso 2016/2017, agás en portugués, de non se estar a cursar esta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura.

Dotación

Tipo de bolsas:

  • Bolsa total. Poderán beneficiarse de bolsa total as persoas participantes seleccionadas que non superen os 9.000,00 euros anuais de renda per cápita.
  • Bolsa parcial. Poderán beneficiarse de bolsa parcial as persoas participantes seleccionadas que superen os 9.000,00 euros anuais de renda per cápita. As familias das persoas beneficiarias desta bolsa terán que facer unha achega variable en función da súa renda.