Título node Learning object

Concurso Bolsa de estudos de inglés en Nova Zelandia
Mér, 29/03/2017 - 10:37
Logo

Período de inscrición

Do 29/03/2017 ao 29/04/2017

Información

Desde GrowPro Experience lanzan un concurso para conseguir a bolsa A experiencia da túa vida en Nova Zelandia, coa que se pode conseguir unha viaxe completa a Queenstown, Nova Zelandia durante un mes.

A bolsa ofértase para os seguintes países: España, México, Perú, Chile, Colombia, Arxentina.

A persoa gañadora da bolsa poderá gozar de :

  • 4 semanas de curso de inglés en Queenstown na escola Southern Lakes English College (con matrícula e materiais incluídos).
  • Seguro médico de viaxe para as 4 semanas coa empresa Chapka Assurances.
  • Unha experiencia de deporte extremo, xa sexa facendo Bungee Jumping en Kawaru River ou realizando un cruceiro dun día enteiro por Milford Sound, o parque natural máis famoso e apreciado de Nova Zelandia.

Para participar simplemente hai que acceder a unha ligazón co perfil de Facebook e responder á pregunta: Como percorrerías Nova Zelandia de Norte a Sur?.

As 50 participacións con máis votos quedarán finalistas.

A persoa gañadora darase a coñecer o mércores 3 de maio de 2017.

Convoca

GrowPro Experience.

Requisitos

A bolsa está aberta a toda persoa maior de idade de nacionalidade de España, Chile, Colombia, Perú, México e Arxentina, que se atope fóra de Nova Zelandia e non gozase anteriormente dun visado de estudante no devandito país.

Dotación

A bolsa sorteada inclúe:

  • Curso de 4 semanas de inglés en Nova Zelandia
  • Seguro médico
  • Actividades de aventura

Máis información

http://www.growproexperience.com/nueva-zelanda/bolsa-nova-zelanda-ínguas-2017/