Título node Learning object

Convocatoria de prazas para acoller docentes de outros países nos centros. Curso 2017/18
Mar, 28/03/2017 - 09:07
Logo

Descrición

Selección de centros docentes que desexen acoller profesorado de Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, República de Irlanda ou Suíza para a realización de Estancias Profesionais no conxunto do territorio do Estado español.

Este programa ten como finalidade, para os centros docentes, reforzar o conxunto de accións destinadas a favorecer intercambios culturais, coñecer outras metodoloxías, así como fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a participación en programas educativos europeos.

Modalidades

  • Modalidade A. Como centro de acollida para un/unha docente xa identificado/a, procedente dalgún dos países incluídos nesta convocatoria, e que estea a participar nun programa de mobilidade profesional no seu país de orixe.
  • Modalidade B. Como centro que desexa acoller un/unha docente dalgún destes países e que, no caso de haber demanda, lle sexa asignado/a a través desta convocatoria.

En ningún dos dous casos recibirase axuda ou compensación económica algunha.

Requisitos

  • A acollida realizarase en período lectivo durante o curso escolar 2017/2018, por unha duración de dúas semanas.
  • Só se poderá asignar unha persoa docente por centro educativo.
  • A estancia profesional desenvolverase de acordo ao plan de actividades establecido por ambas as partes e en ningún caso leva a obrigatoriedade de impartir docencia.
  • O equipo directivo designará un/a docente do claustro para que coordine a acollida.

Beneficiarios

Centros docentes, sostidos con fondos públicos, que impartan ensinanzas reguladas pola Lei Orgánica 2/2006 na súa redacción dada pola Lei Orgánica 8/2013.

A distribución de prazas axustarase á oferta recibida desde cada un dos países participantes, dependendo das características dos centros educativos de destino e dos perfís profesionais dos docentes que sexan acollidos. Así mesmo, favorecerase a distribución territorial dos docentes entre todos os centros que o soliciten.

Prazo de presentación

Ata o 17 de abril de 2017.