Título node Learning object

Ampliación bolsas iEduex de Secundaria USA 2017
Ven, 17/03/2017 - 11:42
Logo

Prazo de inscrición

Ata o 15/04/2017 (ampliación)

Información

Programas Escolares Internacionais para estudantes de 8 a 18 anos para estudar un período escolar no estranxeiro con programas específicos de idiomas.

O Programa convoca un total de 75 bolsas privadas para estudar en Estados Unidos cun visado de estudante J1 supervisado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos.

Obxectivos

  • Mellorar as habilidades da lingua inglesa e a formación integral do alumnado.
  • Potenciar a súa capacidade de adaptación, aprendizaxe e madurez.

Convoca

iEduex, International Education Exchange.

Requisitos

  • Ter entre 15 e 18 anos e medio, a data 15 de agosto de 2017.
  • Ter bo expediente académico, nota media superior a 6, principalmente en inglés e matemáticas.
  • Enviar en prazo o formulario de solicitude coas notas dos dous últimos cursos escolares.

Dotación

  • Bolsa Completa: 3.000 euros. Nota media superior a 8.
  • Bolsa Parcial: 2.000 euros. Nota media de 7 a 7,9.
  • Bolsa Parcial: 1.500 euros. Nota media de 6 a 6,9.

Prezo final do programa: 6.750 euros.

Máis información

Correo electrónico: info@ieduex.com

Teléfono: (0034) 697 18 28 00.