Título node Learning object

Subvenciones actividades e accións sobre a Unión Europea
Mar, 28/02/2017 - 10:35
Logo

Información

Subvencións destinadas a financiar a celebración de actividades divulgativas e accións de comunicación sobre a Unión Europea, que teñan lugar durante o ano 2017 desde o momento no que se coñeza a concesión e ata o 30 de setembro de 2017, facendo  fincapé en: Cara a unha Europa mellor: máis integración, crecemento, emprego e seguridade.

Entre os obxectivos prioritarios da Secretaría de Estado para a Unión Europea atópase o fortalecemento do concepto de cidadanía europea e conseguir un maior achegamento do proceso de integración europeo á cidadanía española, para favorecer a súa implicación e participación nel. Para lograr estes fins, resulta necesario potenciar a difusión de información relativa a asuntos europeos entre os distintos sectores da nosa sociedade.

Convoca

Secretaría de Estado para a Unión Europea. Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación no BOE.

Beneficiarios/as

Toda persoa física ou xurídica, non pertencente ao sector público, legalmente constituída, que acredite que a súa actividade carece de fins de lucro, o cumprimento das obrigacións tributarias e da Seguridade Social, que dispoña dos medios e capacidade para realizar as actividades e garantir o cumprimento dos obxectivos e non se atope comprendido en ningún dos supostos contidos no artigo 13, apartados 2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Máis información

Bases reguladoras: Orde AEC/240/2014, do 18 de febreiro (BOE do 21).