Título node Learning object

XIV Certame Literario de narrativa e poesía do Concello de Ames
Xov, 23/02/2017 - 12:39
Logo

Descrición

O Concello de Ames, en colaboración con Feiraco, convoca a décimo cuarta edición do Certame Literario de narrativa e poesía.

 

Prazo

Ata o día 3 de abril de 2017 (incluído).

Requisitos

 A extensión mínima será de 2 páxinas en narrativa e de 20 versos en poesía, mentres que a máxima será de 6 páxinas en narrativa e de 50 versos en poesía. O tema é libre e que só se poderá presentar un traballo por persoa en cada unha das modalidades.

Os textos presentaranse baixo pseudónimo. Para garantir o anonimato, nos textos non poden aparecer datos persoais nin sinaturas. Nos catro exemplares do texto terán que figurar a modalidade (narrativa ou poesía), a categoría (1ª, 2ª ou 3ª) e o pseudónimo do autor ou autora. Os datos persoais introduciranse nun sobre pechado.

Categorías

1ª categoría: Os nenos e nenas que teñan ata 13 anos

2ª categoría: rapaces e rapazas de 14 a 17 anos

3ª categoría: persoas de 18 anos ou máis.

Premios

1ª Categoría (ata os 13 anos): 1º premio: 150 €. 2º premio: 120 €. 3º premio: 90 €.

2ª Categoría (dos 14 aos 17 anos): 1º premio: 180 €. 2º premio: 150 €. 3º premio: 120 €.

3ª Categoría (18 anos ou máis): 1º premio: 260 €. 2º premio: 210 €. 3º premio: 180 €.

O Concello de Ames, en colaboración con Feiraco, empresa colaboradora do certame, publicará os traballos premiados nunha antoloxía creada para tal efecto.