Título node Learning object

Premio Illa Nova de Narrativa
Mér, 22/02/2017 - 10:40
Cartel

Prazo

Ata 31 de marzo de 2017.

Requisitos e destinatarios/as

Poderán optar ao premio as persoas menores de 35 anos na data da resolución do premio, de calquera nacionalidade ou procedencia, sempre que as obras se presenten en lingua galega, conforme á normativa vixente, sexan orixinais, rigorosamente inéditas e non fosen premiadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade.

Poderán concorrer novelas ou un conxunto de relatos cunha extensión mínima de 100 páxinas, tamaño DIN A4, mecanografadas en Times New Roman 12 a dobre espazo por unha soa cara. Deberán enviarse seis copias impresas, encadernadas ou cosidas, e copia dixital en CD coa obra en formato pdf.

Os orixinais irán asinados cun pseudónimo e un lema, que aparecerán tamén no exterior dun sobre que debe conter no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, fotocopia do DNI e teléfono de contacto.

Dotación

3.000 euros, escultura conmemorativa, edición e comercialización da obra pola Editorial Galaxia.